Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Vega Gómez, Xosé Manuel

Déixate de ódegas

Un retrato da Galicia rural que xa esmoreceu a través dos ollos dun neno. Os traballos, os costumes, os medos e os anceios de toda unha xeración que tivo que deixar a casa natal e a vida que os seus devanceiros levaran durante séculos para buscar outro futuro.

Un relato vitalista máis que saudoso que nos leva de novo á raíz da alegría da xente do común, que facía festa do traballo e que se arrepuña á dura rutina cunha sabedoría ancestral e popular. Unha viaxe ás palabras que quedaron enferruxadas de non usalas. Os Ancares convertidos nun territorio onde a realidade convive coa maxia de todos os días.

Xosé Manuel Vega debuta na literatura con Déixate de ódegas, unha narración moderna e mestiza que liga e continúa a tradición de voces como Neira Vilas ou John Berger.
  • Editorial: Aira editorial |
  • Páxinas: 138 |
  • Dimensións: 148x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-947807-6-9 |