Consolación da filosofía
Cunha introdución de Helena de Carlos Consolación da filosofía é quizais unha das obras máis lidas no mundo occidental ao longo dos tempos. Concibida en circunstancias especiais, pois foi escrita na cadea por un condendo a morte, tamén é senlleira pola súa forma, na que prosa e verso se acompañan e determinan mutuamente. O seu autor é un cristián que non nos fala a partir dos dogmas da súa relixión, senón que semella conciliar na súa imaxe de Deus os principios das filosofías trascendentes máis nomeadas no mundo antigo, basicamente as de Platón e Aristóteles. Pero Boecio tamén é un gran poeta, capaz de amosar na súa poesía as pegadas dos máis importantes escritores da cultura grega e latina.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2005 |
- Páxinas: 268 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-820-0 |