Contos completos III
Nestas páxinas de fasquía singular, o autor de A carta roubada e O enterro prematuro abre novos vieiros á narrativa ao tempo que profunda na imaxinación do ser humano sen desbotar aquelas rexións que abeiran o descoñecido. O escritor norteamericano, un dos fundadores da narrativa moderna, é iniciador de xéneros literarios ao tempo que crítico mordaz das ideas convencionais. A fe cega no progreso científico e o poder desmedido da prensa na fixación da verdade son satirizados de xeito maxistral por Poe nalgúns destes contos.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 404 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Almazán García, Eva Almazán |
- ISBN: 978-84-9865-231-4 |