Cousas
Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única. Editorial Galaxia incorpora esta nova edición (a número 22) á Biblioteca Castelao ilustrada con obras do propio autor.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 132 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-781-4 |