Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Méndez, Oriana

Derradeiras conversas co Capitán Kraft

De sorprendente madureza, esta obra aborda o texto poético como ferramenta de demolición da usura, como conflito sen resolver, como sinal de posta en marcha. Valéndose da ironía contra os fósiles líricos do noso tempo, a autora disecciona a experiencia da posmodernidade, abre túneles na metrópole continua que habitamos. E tensa o verso, confronta o seu sentido da beleza, profundo e inquisitivo, coa esixencia de franquear os pasos para a mobilización.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 68 |
  • Dimensións: 135x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-7154-062-1 |