Fin de século en Palestina
Premio Libro do Ano 2008 da Asociación de Editores Galegos Premio AELG 2009 ao mellor ensaio. En 1998 o escritor Miguel Anxo Murado foi a Palestina enviado polas Nacións Unidas. Permanecería alí cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómicas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo a presenciar atentados e bombardeos pasando por ser o portavoz oficial durante a visita do Papa. Fin de século en Palestina é o relato autobiográfico daquela experiencia persoal na paz e na guerra, un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2009 |
- Páxinas: 368 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9865-058-7 |