Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Manuel Antonio

Foulas

Manoel Antonio é o poeta galego da renovación, da modernidade e da vangarda. A súa obra está considerada un dos meirandes achados da poesía galega da primeira metade do século XX. O autor deixou este libro entre os seus inéditos e, posteriormente, Domingo García-Sabell incluíuno na súa edición da obra do poeta rianxeiro, publicada no ano 72 tamen por Galaxia. A colección Dombate recupérao para non perder unha obra que considera fundamental para un mellor coñecemento da poesía galega, unha obra que inflúe nos poetas de hoxe e configura unha poesía en continuo proceso de renovación e arrequentamento. A poesía de Manoel Antonio é coma unha fulguración, a loita do poeta cos límites da palabra. Foulas é un libro singular no que o autor comeza a experimentar coa disposición visual do texto en caligramas, no que xorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unha reelaboración orixinal da tradición popular.A obra de Manoel Antonio é unha das máis orixinais e anovadoras de toda a moderna tradición poética galega.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 72 |
  • Dimensións: 135x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8288-727-2 |