Molloy
Escrita en lingua francesa, coma a meirande parte da súa obra, a novela procura a resposta a unha incógnita que nunca chega a resolverse, é unha investigación sen obxectivo e unha fuxida cara a un refuxio en realidade inexistente. Primeiro en bicicleta, provisto de muletas despois, e ao final reptando, Molloy marcha en busca da súa nai. Pola súa banda, o detective Moran recibe a orde de atopar a Molloy. As dúas traxectorias dan pé a unha exploración intensa da linguaxe, adéntranse no camiño da desposesión e da aceptación da perda como parte fundamental da vida.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 226 |
- Dimensións: 220x140 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-938-2 |