Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Fernández, Manrique

Os anxos indecisos

Os personaxes que protagonizan as historias de Os anxos indecisos están situados nos bordos, nas fronteiras, nos lindes. A dúbida e as posibilidades, reais ou fantasiosas, preséntanse para conceder ao instante das decisións unha marxe estreita con consecuencias enormes. O cotián e o sorprendente tecen a narración, con super modelos, xornalistas de raza, música de Sam Cooke, romances de nenez, mocidade eterna de gata cíngara, trasnos náufragos e violencia, baixos fondos, ilusións rotas, enfermidade, celos e a propia vida posta ao límite. Malia todo isto, en todas queda un pequeno canto á esperanza e a ilusión por unha realidade mellor...
Cada lector ou lectora terá que decidir con que parte queda,
se asume a crueza de fondo ou pervive nese soño en que
os protagonistas tamén quererían vivir, cómplices da dúbida
e do esquecemento.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 132 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-361-2 |