Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Sánchez Ferraces, Xosé Luís

Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou

Despois de ler esta monografía de Xosé Luís Sánchez Ferraces entendemos mellor, moito mellor, aquela muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, que foi a materia do seu canto. Escribíndoas, escribíndose, definíase e foi sobrevivindo. Dese universo escuro e fondo fala con pericia e eficacia este libro do profesor Sánchez Ferraces, filólogo sempre, incluso nos momentos en que se nos mostra como un experto en saberes psicanalíticos, imprescindibles para internarse na floresta sombriza e mesta dos versos de María Mariño. Por se fose pouco aquí a eficacia, esta reveladora monografía está escrita, sempre, con rigor e co xeito literario impropio da aridez de tantos estudos.
(Do limiar de Xesús Alonso Montero)
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 248 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-392-6 |