Otelo. Macbeth.
Otelo e Macbeth dúas traxedias nas que as paixóns se erguen como centro da trama e a vontade individual pretende anular calquera límite. Escrita durante os anos 1603 e 1604, Otelo acabaría por converter o seu protagonista no símbolo dos celos, do matrimonio como extensión da propiedade. En Macbeth, escrita probablemente en 1606, a loita contra o destino, o intento de dominar a vida, ese ´conto contado por un idiota, cheo de ruído e furia, que nada significa´, tradúcese na incapacidade para chegar a entendela.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 276 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-891-0 |