Os jeans de María
Velaquí un mollo de relatos para entendernos a nós mesmos. Personaxes ao límite, situacións que malia semellar cotiás están cheas da incerteza do inesperado. O autor usa a literatura, a través destes relatos, para investigar na natureza humana. Cun estilo aparentemente doado mergúllanos nos medos, os anceios e as desesperanzas de todos os que, coma milleiros, habitamos este mundo entolecido onde todo, ata o máis incrible, pode suceder con total naturalidade.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 112 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9151-401-5 |