Ser ou non
Na novela esborrállanse as fronteiras entre ficción e realidade. Un escritor, sexo en internet, unha aldea abandonada, un amor non convencional... e os que están do outro lado: o xurado dun premio, os lectores, as lectoras. Pode ser actuación, xogo e finximento, ou non. Por iso esta novela relata a historia da súa propia creación, cóntase a si mesma. Porque a literatura tamén é real.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2004 |
- Páxinas: 188 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-701-2 |