Desde o luns 11 de maio reabrimos as portas da Libraría sen necesidade de cita previa. Horarios e máis info aquí.

ALONSO, BIEITO

Anarquistas galegos en América

Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo.
Do limiar de Lourenzo Fernández Prieto
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 288 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-417-6 |