Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Franco Grande, Xosé Luís

Ilusión da esperanza, A. De Cabanillas a Xulio Ríos

A irmandade foi, desde os seus comezos, un dos atributos sobranceiros do galeguismo.

Da cultura galega entendida como arela e esperanza que une a decisión libre de cadaquén. Despois da súa opera magna dedicada ao idioma o Diccionario galego-castelán e logo da súa achega á memoria co relato dun período crucial para a recuperación cultural de Galicia no seu Os anos escuros, Xosé Luís Franco Grande dedica este libro á amizade. Unha homenaxe que, no ronsel do Libro dos amigos oteriano, une carácter individual e destino común co vencello no que se fundamenta a filiación libre, o da flexible e firme aperta da ilusión compartida. Corenta e nove retratos de persoeiros que, sen querelo, tamén van trazando, coma nunha inesperada silueta a contraluz, a personalidade e a vida de quen escribe.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 308 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-425-1 |