Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Rivas, Manuel

O Chispas

O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock.
Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é o Chispas. Un músico cósmico!
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 96 |
  • Dimensións: 135x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-672-8 |