Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

SOLAR, MARÍA

Verdadeira historia da mosca da tele, a

Un dos libros máis divertidos e curiosos de todos cantos teñas vistos na vida. Porque, a ver, cantos libros coñeces que teñan como protagonista unha mosca televisiva? María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe! A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos. Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida. Acompaña a esta mosca catódica no seu periplo de éxito mundial!!!
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 108 |
  • Dimensións: 130x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-458-5 |