Cultura, sentido e política
Este libro recolle un debate coral, co contributo de vinte e cinco intelectuais que poñen o foco sobre o concepto plural de cultura para nos mostraren con olladas diversas as moitas maneiras de entendela, e as súas implicacións. Parten xa de inicio de que o concepto de cultura non é nin estático nin atemporal, pois está en constante mutación diacrónica e diatópica, transformándose ao fío da globalización e das mobilizacións arredor do pluralismo cultural, abalando entre o individualismo e o comunitarismo.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 553 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-17802-11-0 |