Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

de Cea, Xosé

VERSOS PARA ALÉN DA PONTE

«Teño medo de cruzar a ponte. Teño medo de cruzar a ponte ». No medio da brétema con que a morfina, o haloperidol e o fentanilo acariñaban a conciencia de miña mai na planta de coidados paliativos do Hospital Lucus Augusti, estas palabras xurdidas da súa boca moribunda abriron unha raiola de ferinte lucidez. Tras varios anos nos que a morte avanzou coa lentitude dunha apisoadora, devastando o seu corpo nunha longa serie de operacións cirúrxicas e terapias químicas e radioactivas, aquela frase tiña a forza incontestable dos arquetipos junguianos. Di Juan Eduardo Cirlot, no seu Dicionario de símbolos, que «…o paso da ponte é a transición dun estado a outro, en diversos niveis (épocas da vida, estados do ser), pero a outra beira, por definición, é a morte». Miña mai non sabía quen eran Jung ou Cirlot e, probablemente, nunca escoitara palabras como arquetipo; pero naqueles días falou con asiduidade cos seus devanceiros mortos e deu os pasos para afrontar aquel último desafío. Estes versos escribíronse antes, durante e despois deste episodio nas nosas vidas, brutal e definitivo como unha amputación; irrevogable tamén, como unha ponte.
  • Editorial: çEditora Urutau |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-65-87076-40-9 |