
CANCIONS PARA ANA LUA
Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saíra lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trevos de sete follas.Destas e moitas outras cousas fala este fermoso canto poético áinfancia. Se a poesía é irmá da música, estes poemas, de ritmo tanmarcado, son un cántico á maxia, á fantasía e á imaxinación dos nenose nenas. Escritos polo poeta e escritor Xavier Seoane, estánmagnificamente ilustrados por un dos máis recoñecidos artistas galegos do noso tempo, Xavier Correa Corredoira, que soubo traducir os poemas en imaxes de alta creatividade, beleza e lirismo.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 48 |
- Dimensións: 135x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-803-6 |