Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Krause, Bernie | Veres, Antía

A grande orquestra animal

Bernie Krause é o mellor experto mundial en sons da natureza.
Todo comezou co rumor do trigo nun campo de Kansas; dende entón
ten dedicado as últimas catro décadas a gravar paisaxes sonoras
ecolóxicas e os sons de máis de 15.000 especies nos lugares máis
recónditos, salvaxes e virxes do planeta. A causa da depredación
humana, a metade dos coros naturais que rexistrou xa non existen.
Dende os sons imperceptibles dos virus ou o estrondo dos glaciares
crebados, ata o canto dos mamíferos mariños, neste libro fascinante
expón os seus postulados sobre o son natural, dividido en tres tipos:
a biofonía que producen animais e plantas; a xeofonía orixinada
no vento, na auga e na chuvia e a partir da cal tribos remotas
desenvolveron escalas musicais; e a antrofonía resultado da acción
humana que, pola súa crecente influencia na natureza, ten efectos
negativos nas demais especies, como o varamento de baleas.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 364 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: VERES GESTO, ANTÍA |
  • ISBN: 978-84-16721-74-0 |