Pasou o que pasou
Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso de divulgación máis que un ensaio puro e duro, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa quizais todas as son mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria na foto finish de Manuel Fraga, foi especialmente axitada. Houbo de todo: cambiou o curso do Amazonas, prendeu a mecha da rivalidade capitalina, un Borbón tivo que recuar
Por haber, ata houbo unha revolta duns conselleiros contra aquel que os nomeou. E tamén unha experiencia tripartita que acabou como acabou.
Todo isto é o que se conta nestas páxinas. Sen maiores pretensións. Sine ira et studio, como dixo o clásico.
Prólogo de Suso de Toro.
Todo isto é o que se conta nestas páxinas. Sen maiores pretensións. Sine ira et studio, como dixo o clásico.
Prólogo de Suso de Toro.
- Editorial: Morgante |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-15166-89-4 |