Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Monzó, Quim

O porqué de todas as cousas

Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios
máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, a trintena
de historias breves que conforman «O porqué de todas as cousas»
son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría
narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó,
a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna
incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa.
Comparado con Kafka, Borges e Rabelais e consagrado como
un dos autores máis relevantes da súa xeración, Monzó retrata
nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual
a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa,
sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo
dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante
que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 160 |
  • Dimensións: 135x205 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: HERMO, GONZALO |
  • ISBN: 978-84-16721-72-6 |