Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

ANDRES,JOSE CARLOS

Achís!

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme.
Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé.
Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé:
Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato…
Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé….
É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé.
Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar.
Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas,
a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á “normalidade”.
Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.
Apoiándose en imaxes tenras, suxestivas e moi persoais, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe, contribuíndo desde a imaxe a crear unha historia cálida, optimista e chea de agarimo, que nos ensina a importancia de afrontar as dificultades con humor, adaptándonos a aquilo que
en principio nos desconcerta, e amosándonos a necesidade de adaptarnos para convivir en harmonía.
  • Editorial: OQO |
  • Páxinas: 36 |
  • Dimensións: 250x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9871-436-4 |