Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Stehr, Frédérick

Chin Bam Bum!

Esta serie de Frédérick Stehr protagonizada por pequenas aves
desprende tenrura e emoción; o autor métese na pel dos nenos
e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten
as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.
«Chin Bam Bum!» é un divertido e ruidoso xogo musical creado
a través da experimentación cos sons que producen distintos
accesorios domésticos; un achegamento ao xogo simbólico
que xorde da exploración da contorna máis cercana.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 28 |
  • Dimensións: 20x20 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: BALLESTEROS, XOSÉ |
  • ISBN: 978-84-1343-055-3 |