Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Relatos Americanos

Relatos americanos é un universo estraño. Colaxes, textos e música narran unha viaxe por paisaxes agrarias e industriais onde todo funciona como a vida mesma: mal. Basta con pór un non onde antes había un si para que naza o desacougo. As imaxes dun fotógrafo estadounidense deformadas por Misha Bies Golas e as fabulosas experiencias nos escenarios do grupo Ataque Escampe serán o motor do caos. De fondo, o son retro-futurista do sintetizador modular Serge conduce a banda sonora desta road movie que comeza xa.

Relatos americanos é un libro, en edición limitada (300 exemplares), que combina 36 láminas con colaxes de Misha Bies Golas con outros tantos textos coas historias on the road do grupo Ataque Escampe. O proxecto vai acompañado por unha suite musical instrumental que se pode descargar en mp3 de alta calidade cun código que se facilita no libro.

  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: Misha Bies Golas |
  • ISBN: 9789200068935 |