Dicionario Cumio secundaria-bacharelato lingua
Abundantes exemplos que completan as definicións, axudan á súa comprensión e fan deste dicionario unha obra práctica. Abundantes observacións sobre léxico, gramática e uso que introducen información útil acerca da palabra ou dalgún dos seus significados. Con desviacións normativas ou formas falsas que resolven os erros máis frecuentes e posibles confusións en canto a cal é a forma correcta en galego. Evitación da linguaxe sexista nas definicións. Duplas entradas normativas (carpintaría/ carpintería, amábel/amable). Indicacións de uso: informal, familiar, vulgar, figurado, ecoloxía, historia etc. Léxico patrimonial e culto, informática, ecoloxía... Léxico específico: internet, mercadotecnia, xenética... Apéndice gramatical. Apéndice cos modelos de conxugación verbal para poder conxugar todos os verbos do dicionario. Apéndice con listaxe de verbos e modelo de conxugación que lles corresponde. Apéndice con listaxe de xentilicios e topónimos de uso frecuente. Formato moi manexable para levar á clase
- Editorial: Do cumio |
- Páxinas: 1462 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-8289-528-4 |