Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Dispoñible en 7/15 días

BRAIS ARRIBAS

Transhumanismo

Nun contexto de reno­vada confianza nas posibilidades transformativas e optimizadoras das ciencias aplicadas, o debate arredor da natureza humana sitúase no centro do dilema ético sobre a vida, os seus límites e a posibilidade de modificala. Nun mundo seica sen Deus, ¿son os seres humanos os que deciden sobre o destino da súa propia especie?

Dun tempo a esta parte é habitual escoitar cada vez máis voces que reclaman a necesidade de que, dende a filosofía e a ética, se lle preste unha atención maior á corrente cultural e filosófica que se amosa a favor da modificación da especie humana de maneira que poida ser optimizada nas calidades que xa dispón e, incluso, con outras distintas ao facer uso dos coñecementos e das tecnoloxías: o transhumanismo.

Neste ensaio de Brais Arribas analízase esa corrente cultural e filosófica, un movemento que, malia contar con precursores na primeira metade do século XX, xorde con forza nas súas últimas décadas, dispondo hoxe dun amplo elenco de figuras no pensamento, na ciencia e na filosofía, que difunden con rigor e eficacia a súa doutrina.

Como outros pro­blemas aos que se dedica a actividade científica, non se pode resolver apelando unicamente á libre decisión desa comunidade na medida en que a suposta modificación da nosa especie traerá consigo repercusións decisivas non só no estritamente biolóxico.
  • Editorial: Euseino? |
  • Páxinas: 126 |
  • Dimensións: 135x185 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-121580-5-2 |