O estoico
Sylvanus Heythorp, cuxas empresas se atopan na bancarrota, pasa os derradeiros días da súa axitada vida centrado en asegurarlles un futuro á súa nora, Rosamund, e aos seus netos, Phyllis e Jock, malia seren os descendentes dun seu ?llo ilexítimo froito dun amor de xuventude. A pesar dos modos brutáns e da expresión seca do vello, hai nel, no fondo, unha certa dignidade e nobreza de espírito, valores dos que outros personaxes presentes no texto carecen; velaí, por exemplo, o caso do avogado Charles Ventnor, capaz de case todo.
A presente obra publicouse orixinalmente en 1918 como unha das cinco partes integrantes da compilación Five Tales, e dous anos máis tarde en volume exento. Cun gran dominio da técnica e cunha linguaxe desprovista de arti?cios, John Galsworthy logra compendiar nesta novela curta gran parte dos temas que trataría por extenso en The Forsyte Saga e que, no ?n de contas, lle darían fama e prestixio: unha visión crítica respecto da burguesía, un fondo interese polas ambicións persoais e o compromiso e, en materia de xustiza, a constatación dunha dobre vara de medir en función da clase social.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-122593-9-1 |