Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Svevo, Italo | SOTO, M.ª ISABEL

A historia do bondadoso vello e da fermosa moza

Un adiñeirado vello, con todas as contradicións e manías que lle corresponden por idade e por clase social, e que amais se lucra coas desgrazas derivadas da Primeira Guerra Mundial, aventúrase na sedución dunha fermosa moza tras coñecela no tranvía de Trieste, crendo chegada a súa derradeira oportunidade para gozar do amor. O relato aborda, polo tanto, un tema recorrente na literatura de todos os tempos: as relacións sentimentais entre persoas de distintas xeracións, onde entran en xogo valores como a condescendencia e o paternalismo e, neste caso, tamén eivas como a hipocrisía. O ancián tira partido, mesmo intelectual, da situación, e chega a manexar, no seu beneficio e exculpación, a necesidade de amparo ante as dificultades da vida.

Publicada de maneira póstuma en 1929, A historia do bondadoso vello e da fermosa moza contén moitas das características sobranceiras da narrativa de Italo Svevo, entre elas, a translación de elementos e episodios autobiográficos á ficción, a perspectiva humanista e unha fonda análise da psicoloxía dos personaxes. O relato salienta ademais pola utilización de técnicas narrativas do que se entende por escritura moderna, pola inclusión constante de frases sintéticas e memorables, case a modo de aforismos, e por unha prosa decantada con esmero, con toques de ironía e un humor cruento no retrato da situación.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-122593-8-4 |