Receitas de inverno desde a comunidade
Receitas de inverno desde a comunidade é un libro sorprendente, en parte porque ninguén esperaría que Louise Glück reunise uns poemas de apariencia tan sinxela para a súa primeira publicación despois de recibir o prestixios Premio Nobel. Se o seu libro anterior, Noite fiel e virtuosa era un despregamento de recursos que refundaban a súa poesía, agora asistimos a unha inquietante estilización da voz e da expresión. O que en Noite fiel e virtuosa era poñernos diante do abismo da morte, en Receitas de inverno desde a comunidade é colocarnos ante a fiestra do único que en realidade coñecemos: a vida. O poema diversifícase. A temática destílase. A aparataxe simbólica depúrase ou deslízase por superficies retorcidas como paisaxes surrealistas. Aparecen os temas predilectos de Glück e, por suposto, non pode faltar a súa irmá morta, a súa nai ou as historias de amantes sádicos. Todo o seu mundo está aí, incluso as nosas vidas.
- Editorial: Chan da polvora |
- Páxinas: 79 |
- Dimensións: 130x210 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: Solleiro, Samuel |
- ISBN: 978-84-123183-3-3 |