Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

LOSA, ILSE

Río sen ponte

Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballos para afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean. Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamos cunha
  • Editorial: Hércules ediciones |
  • Páxinas: 240 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: Tarrío Varela, Anxo |
  • ISBN: 978-84-18966-12-5 |