Jude o escuro
Jude o escuro é a última e máis célebre novela de Thomas Hardy. Publicouse inicialmente por entregas na Harper's New Monthly Magazine e non foi até 1895 cando saíu editada nun volume de seu. Xa revista, xa libro, converteuse nun escándalo mesmo houbo un bispo, o de Wakefield, que a queimou en público, e basta sinalar que o enxeño da crítica deu en transformala en Jude o obsceno. Esta obra expón os sentimentos e paixóns máis fondos do autor inglés; faino por boca de diversos personaxes, co mozo Jude Fawley como protagonista e fío condutor dunha trama
emocionante e turbulenta. A historia, pioneira na maneira de lles presentar a súa visión da realidade aos lectores no tocante ao sexo, ao desexo, ao instinto, ao matrimonio ou ás crenzas relixiosas, ten ademais o engado de se desenvolver na rexión de Wessex, un tan soado coma singular territorio literario.
A partir do que en efecto fora un reino anglosaxón previo á invasión normanda, Hardy utilizou este espazo como marco para varias das súas novelas, cuxo marcado acento rural brilla con forza neste libro. «Que dirá a xente do futuro cando volva a vista cara aos costumes bárbaros e as supersticións destes tempos que tivemos a mala sorte de vivir?», sentencia un dos personaxes.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Ano: 2014 |
- Páxinas: 504 |
- Dimensións: 130x200 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: González Fernández, María Fe |
- ISBN: 978-84-942005-8-8 |