Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Voltaire

Micromegas

Micromegas, publicado en 1752 e escrito durante a estadía de Voltaire en Prusia, ademais dun conto filosófico, supón un dos primeiros achegamentos á ciencia ficción dentro da temática das viaxes extraordinarias. Narra a visita á Terra dun ser procedente dun planeta da estrela Sirius, e dun seu compañeiro de Saturno. Comezando polo título, o autor analiza o relativismo das proporcións e deita a idea de que cada ser do universo non é máis ca unha tensión entre o pequeno e o grande. Así, Micromegas é un sabio de espírito crítico movido por unha insaciable curiosidade e pola ambición de comprender de maneira xusta e lúcida a vida. Voltaire agóchase tras o seu personaxe para ciscar as súas críticas contra a relixión e os sistemas social, moral e filosófico, sen esquecer o aspecto científico propio dos enciclopedistas.

Así, os dous viaxeiros continuarán a súa ruta interestelar non sen antes deixar na Terra un libro coas páxinas en branco, agasallo que pon de relevo que o home debe evitar a tentación de buscar a verdade absoluta, pois a razón do mundo escapa á intelixencia humana. Malia non ser descubertas de maneira oficial até 1877, Voltaire menciona neste texto as dúas lúas de Marte, o cal foi tido en conta á hora de nomear un dos maiores cráteres de Deimos, o Voltaire. Outro deles, dito sexa de paso, leva o nome doutro grande escritor, Swift.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 43 |
  • Dimensións: 135x200 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: ABRAIRA, MARIE |
  • ISBN: 978-84-942005-1-9 |