Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Queipo, Xavier

Final feliz

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova.
Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 136 |
  • Dimensións: 160x230 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-1110-050-2 |