Joaquín Jordà naceu en Santa Coloma de Farners en 1935 e faleceu en Barcelona o 24 de xuño de 2006. Ademais dos filmes polos que é coñecido (de Día de los muertos, Dante no es únicamente severo -canda Jacinto Esteva-, Numax presenta, Mones com la Becky, Veinte años no es nada, De nens, por caso), traduciu por volta de 150 libros e escribiu uns 30 guións de cinema, entre os que El Lute: camina o revienta, El Lute II: mañana seré libre (Vicente Aranda) ou Pau i el seu germà (Marc Recha). Nos anos 70 viviu en italia a carón dos grupos Lotta Continua e Autonomia Operaia, filmou para o PCI e fixo amizade con Toni Negri e Nanni Balestrini, aos que tamén traduciu ao español.
Seguir lendo