Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Caramés, Vari

Algo, nada, siempre

Algo, nada, siempre
Vari Caramés

«No me veo ni muy fotógrafo, ni muy pintor, ni muy artista, ni muy nada. Estoy entre algo que me entretiene».
— Vari Caramés

Catálogo da exposición Algo, nada, siempre. Vari Caramés 1980-2021 na Sala Canal de Isabel II da Comunidade de Madrid, comisariada por Blanca Berlín e Nerea Ubieto.



— Vari Caramés
Ferrol (A Coruña), 1953

Autodidacta. Aos nove anos trasládese a vivir a Coruña. Con quince anos o seu pai, artista amateur, regálalle unha cámara Voiglander totalmente manual que o fotografase os seus cadros, debuxos e pezas de ferro forxado.

Máis tarde emprega a fotografía como «chuleta» nos seus estudos de Arquitectura Técnica, que xamais rematou. Nunca pretendeu vivir da fotografía pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle acadar que o cotián e o ordinario resulte extraordinario.

Procura evocar, suxerir e facer soñar ao espectador. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a acadar efectos nos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Emprega o B/N e a cor de xeito indistinto.

Cre que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. É máis intuitivo que intelectual e cre que o azar e máis emocionante que a certeza.
Ficha
Ref:
f.14 Col. Somnámbulo Funámbulo
Título:
Vari Caramés 1980–2021. Algo, nada, siempre
Publicado:
10/02/2022
Tirada:
400
Fotografías:
Vari Caramés
Autor:
Vari Caramés
Textos:
Blanca Berlín, Nerea Ubieto, Alejandro Castellote, Pepe Font de Mora
Traducción inglés:
Kate Major, Patricia Buxán (Revisión)
Idea editorial:
Vari Caramés / Cibrán Rico López / Jesús Vázquez Gómez
Edición:
Cibrán Rico López / Jesús Vázquez Gómez
Deseño:
desescribir
Páxinas:
174
Tamaño:
230×300 mm
Idioma:
Castelán / Inglés
Impresión:
Ófset (CMYK e Tritono)
Encadernación:
Tapa dura. Forro tela / Estampación
Tipografía:
Manuka / Founders Grotesk
Papeis:
Symbol Tatami Ivory 135 g/m² - Creator Silk 150 g/m² - Terraprint Silk 80 g/m² - Pergraphica Natural Rough 120 g/m² - Creator Sand 200 g/m²
Imprenta:
Agencia Gráfica
Encadernadora:
Legatoria
ISBN:
978-84-124260-1-4
Notas:
Este libro foi publicado co gallo da exposición «Algo, nada, siempre. Vari Caramés 1980–2021» que tivo lugar na Sala Canal de Isabel II do 10 de febreiro de 2022 ao 24 de abril de 2022.
  • Editorial: Fabulatorio |
  • Idioma: castelán |