Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Núñez, Marina

(GAL) O NOSO RECUNCHO

Cando os nenos e nenas descobren que este recuncho no que viviron tantas aventuras vai desaparecer, empezan a coidalo como nunca e a soñar en todo o que podería suceder alí se non fóra a chegar pronto o seu fin. Cando o día temido chega, deciden plantarlle cara ás máquinas que ameazan con acabar co espazo e únense para protexer o lugar no que tantos bos momentos pasaron. Só xuntos poderán salvar este recuncho tan especial, co apoio dos seus familiares e de toda a veciñanza. A historia móstranos un exemplo da forza que podemos chegar a ter cando traballamos xuntos. Cóntanos unha historia de loita polos espazos cheos de vida que quedan nas cidades e móstranos a importancia de lugares que sexan para as persoas que conforman a nosa comunidade. Consideramos que é un tema en grao sumo actual, xa que nestes tempos puidemos ver como especialmente as necesidades da infancia tíñanse totalmente esquecidas.
  • Editorial: Triqueta |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 240x250 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-18687-29-7 |