Estampas do mundo elegante
Estampas do mundo elegante (1992) é unha compilación dos artigos escritos por Chichi Campos para A Nosa Terra e que foron publicados entre decembro de 1983 e marzo de 1991.
Estas estampas volven agora, trinta anos despois, nunha edición coordinada polo seu fillo, Nico Campos, con trinta e sete colaboracións, que se din pronto: Aida Bao, Ana Ponte, Antonio Díaz Ageitos, Anxo Rabuñal, Belén Regueira, Camilo Franco, Carlos Ares, Carlos Gómez López (@ElHumanoide), Carlos Meixide, Carlos Santiago, Cristina Díaz Pardo, Daniel Salgado, David Lombao, Denís Estévez, Enrique Lojo, Fernando Fernández Rego, Gonzalo Cortizo, Gonzalo G. Velasco, Iria Taibo, Jose Manuel Sande, Julián Hernández, Ledicia Costas, Lidia Fraga, Luís Pardo, Mabel Montes, Manuel Barreiro, Manuel Rivas, Marcos Nine, María Yáñez, Marta Veiga Izaguirre, Oleo, Patricia A. Janeiro (@serióloga), Pilar Gª Rego, Tamara Montero, Valeria Pereiras, Xan Codesido e Xosé Hermida achegan os seus textos para acompañar estas estampas convertendo esta obra nun libro-tributo á persoa de Xesús Campos.
Todos os beneficios da venda deste libro irán destinados ao financiamento dun documental sobre a figura de Chichi Campos, dirixido polo seu fillo.
- Editorial: Andavira |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-124831-7-8 |