Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

LOZANO, LUCIANO | BRUNO, PEP

(GAL) PÉTALA

Pétala é un álbum moi visual que ao fío da acción e desde unha perspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escaseza de auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Coa lectura podemos transmitir os valores necesarios para fomentar a conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o planeta. Alén diso, en concreto, a literatura infantil reforza a asociación simbólica con determinados significados e facilita a asimilación da realidade externa. A lectura deste conto pode constituír unha boa estratexia para estimular a conciencia medioambiental na infancia, porque no lector se xera de maneira natural un novo concepto da importancia da auga, despois da experiencia co álbum. Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará a súa aventura, e revelaranos a todos un segredo: os dragóns, por feroces e monstruosos que parezan, tamén teñen medo.
  • Editorial: OQO |
  • Páxinas: 36 |
  • Dimensións: 250x230 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-9871-651-1 |