Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Sumai, Anxos

Melodia de dias usados

Narrar a propia vida coma se se tratase dunha novela, con personaxes e feitos que nacen do mundo cotiá que logo medran co alimento da imaxinación, velaí o acerto de Anxos Sumai. O seu diario na Internet arrequéntase nas páxinas deste libro no que a escritora de Catoira toca unha melodía coñecida pero faino duna maneira diferente. Melodía de días usados logra o que debería ser o obxectivo da literatura: facer que os lectores e lectoras se sintan entre amigos, que coñezan os espazos dunha biografía persoal coma se fosen os propios, que compartan alegrías, medos, emocións e gañas de vivir co personaxe que Anxos fai de si mesma. Un diario que é case unha novela, ou unha novela que é coma un diario, un libro escrito coa convicción de quen cre nas cousas miúdas, de quen descobre, coa ollada limpa, unha realidade común á xenté e que a literatura transforma, volve máis rica, distinta, e fai brillar coma se fose do trinque.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 384 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-8288-809-5 |