Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Marín, Xaquín | PATIÑO, REIMUNDO

2 VIAXES

O álbum gráfico 2 Viaxes, publicado por Xaquín Marín e mais Reimundo Patiño contra o ano 1975, representa o comezo da banda deseñada en Galicia. Foron os pioneros dunha aventura que destaca pola súa orixinalidade e nidia vontade vangardista. Formaron un eficaz tándem artístico.

Agora, case 50 anos depois daquel impulso fundacional na banda deseñada, temos a oportunidade, grazas a Fosfatina Ediciones e mais a Editorial Elvira, de ter nas nosas mans de novo esta marabilla. 2 Viaxes son dous relatos visuais independentes, cada un co seu peculiar grafismo pero con puntos de contacto soterrados e que reflicten os ensoñamentos e loitas contraculturais da mocidade daquela. Hoxe mergullados nun mundo de incerteza, as inquedanzas das que xurdiron estas viñetas han topar un diálogo coas novas xeracións.

Antón Patiño

  • Editorial: Elvira |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-120562-7-3 |