A VEXETARIANA
Traducido por Alba Verea Pérez
Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos.
O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela.
No primeiro relato, A vexetariana, un home mediocre descobre que a súa parella está cambiando. No segundo, A mancha mongólica, a perspectiva é a do cuñado de Yeonghye, un artista audiovisual que non consegue sacar unha imaxe da cabeza e está disposto a todo para facela realidade.
O último relato, As lapas das árbores, segue a Inhye, a irmá de Yeonghye, mentres se enfronta ás consecuencias da decisión da súa irmá.
A vexetariana recibiu o premio Man Booker en 2016 e o premio San Clemente en 2018

- Editorial: Rinoceronte Editora |
- Páxinas: 178 |
- Dimensións: 135x215 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Verea Pérez, Alba |
- ISBN: 978-84-17388-79-9 |