Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Herbas da noite

Na noite de San Xoán prodúcense distintas manifestacións de orixe pagá para celebrar o solsticio de verán: fogueiras para escorrentar os malos espíritos, rituais de fertilidade nas praias (o baño das nove ondas, por exemplo), esconxuros… Entre as máis difundidas está a recollida das herbas máxicas de San Xoán. Un ritual popular que consiste en apañar unha serie de herbas, follas e flores no serán da véspera do 24 de xuño, mergullalas en auga e poñelas a serenar durante a noite para lavar a cara pola mañá.

A guía reúne 27 plantas -coa súa denominación popular e latina-, ademais dos trazos morfolóxicos básicos e información sobre os seus usos máis populares, ditos e receitas.

As ilustracións que acompañan ás herbas pretenden iluminar o texto de xeito expresivo, máis que ser un reflexo fiel das plantas. Para quen queira visualizalas, o libro conta cun código QR que conduce a unha web coas súas imaxes.
  • Editorial: Paula Lago |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-09-37448-9 |