Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

OLID, BEL

FEMINISMO DE PETO

A miña fantasía é unha metralleta. Cando vou pola rúa e un desconocido me chama o que sexxa: metralleta. Cando o político que sexa fai o comentario machista que sexa: metralleta. Cando o bispo lle conta á prensa que como pretendemos que non nos violen, se pedimos o aborto libre e gratuíto: metralleta.

Pode semellar unha fantasía violenta, pero non é; é unha fantasía de autodefensa. A miña fantasía é agradable porque non hai vontade de levala á práctica: pódoa vivir na cabeza sen sangue nas mans, sen vísceras nos zapatos, sen ter que sopesar se a persoa que teño diante merece a miña ira acumulada. Non teño metralleta nin a quero ter. O que quero é o dereito a imaxinala".

Hoxe día o feminismo está máis vivo e é máis necesario que nunca porque a discriminación cara ás mulleres volveuse máis sutil e difícil de detectar, pero mantén o seu poder paralizador. Con espírito combativo, Bel Olid expón os conceptos clave da loita feminista actual dunha maneira intelixente, radical e, a miúdo, sorprendente".
  • Editorial: Embora |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-17824-63-1 |