Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán | Clark Mitchell, David | Payne, Keith | Palacios González, Manuela

A propósito da viaxe de Plácido Castro ás Illas Blasket (Irlanda, 1928)

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Ed.)
Xulio Ríos (Ed.)

Como moitos dos seus coetáneos, Plácido Castro desenvolveu ao longo da súa vida unha gran admiración por Irlanda, a súa historia e a súa cultura, que coñecía en profundidade. Foron múltiples as súas colaboracións
xornalísticas a propósito de Irlanda reproducidas en medios de Galiza, de Portugal ou tamén nos programas en galego e castelán da BBC, entre 1927 e 1966, revelándose como unha das grandes constantes da súa vida. Tamén é autor de excelentes traducións de poetas irlandeses como George Russell, William Allingham, Joseph Campbell, Seamus Cartan, Padraic Colum, Thomas Moore, Antoine Ó Raifteiri, Aogán Ó Rathaille, Padraig Pearse, James Stephens e, por suposto, o Nobel Yeats.

Entroncaba aquela admiración e interese de Plácido Castro coa que amosaran figuras centrais da cultura galega ao longo dos séculos, caso de frei Martín Sarmiento no s.XVIII ou Manuel Murguía no s.XX, que destacarían a cultura céltica como expresión e nexo de unión entre Galiza e o resto de pobos atlánticos de Europa. Plácido Castro realizou en 1928 unha viaxe por Irlanda e as illas Blasket que recolleu en diferentes colaboracións en medios de comunicación
de Galiza da época. Hoxe, o seu testemuño, literario e gráfico, constitúe un documento de gran valor que goza de recoñecemento en Irlanda e en toda a súa diáspora. Precisamente, os relatos incorporados neste volume forman parte dun seminario que serviu de complemento á exposición “A Irlanda de Plácido Castro” que rememorou ese periplo.
  • Editorial: Instituto Galego de Historia |
  • Páxinas: 96 |
  • Dimensións: 150x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-09-20814-2 |