Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

P.G. Granxeiro, Carmen

Estranxeiras

A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas maletas e non esquecen o libro das fadas.
Arredor da oposición veciñal a un proxecto urbanístico preto do río, un amplo elenco de personaxes vese fiado por un rural que se debate entre a desaparición e a renacenza.
Carmen P.G. Granxeiro constrúe en «Estranxeiras» un relato de esperanza no cal a realidade queer, as transicións e a historia colectiva conviven nun podcast, en múltiples vidas e nalgunhas mortes.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 200 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-1110-155-4 |