Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

VV.AA.

Código de hammurabi e outras compilacions legais

As coleccións de leis que presentamos neste volume son compilacións que varían en sofisticación legal e literaria, e que foron recollidas por escribáns nas escolas e centros reais da antiga Mesopotamia, entre os séculos XVIII e o I a.n.e. Algunhas destas coleccións, como o famoso Código de Hammurabi, tiveron unha expansión e unha influencia determinante na historia da humanidade, e supuxeron un dos primeiros intentos do ser humano por dotarnos dun marco que regulase as relacións humanas.

Os textos que aquí presentamos, en tradución directa ao galego, teñen como característica común procederen todos de orixinais en lingua acadia (en concreto en paleobabilonio, variedade arcaica da lingua da área de influencia de Babilonia) e relacionados coa metrópole babilonia.
  • Editorial: Rinoceronte Editora |
  • Páxinas: 190 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: PARADA FERNÁNDEZ, XOSÉ ANTÓN |
  • ISBN: 978-84-17388-87-4 |