A conta atrás (Edición en galego)
Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia relatada en sentido inverso se desprega perante o lector.
Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a lectura de A conta atrás preséntase como o remedio perfecto para evitar que se cumpra a máxima de Cicerón segundo a cal os pobos que esquecen a súa historia están condenados a repetila. Asinada por Carlos Portela e Sergi San Julián, esta novela gráfica preséntase a través dunha nova edición que ademais de incluír a segunda parte da obra até agora inédita, contén un prólogo do novelista Manuel Rivas e un epílogo do historietista Miguelanxo Prado, así como abundante material adicional que profundiza na xénese e no desenvolvemento deste proxecto.

- Editorial: ECC |
- Páxinas: 200 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-19351-82-1 |