Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Highsmith, Patricia

O talento do señor Ripley

Tom Ripley sobrevive en Nova York grazas ao seu enxeño
para a estafa mentres soña cunha vida fácil. É un experto na falsificación de documentos e ten un extraordinario talento para imitar características persoais. Un día, o millonario Herbert Greenleaf ofrécelle unha viaxe a Europa para traer de volta o seu fillo Dickie, quen leva unha vida bohemia e pracenteira na costa italiana. Ripley acepta a misión e comeza a argallar plans para sacar todo o partido posible da súa experiencia en Italia.
Pouco tardará en intimar con Dickie e coa súa noiva
Marge, cos que establecerá un triángulo de amizade.
Pero aos poucos Ripley desenvolve unha relación morbosa
e sedutora co seu novo amigo: adopta os seus mesmos
gustos e comeza a vestirse coa roupa de Dickie,
quen entón comeza a rexeitalo.
Hipnótica e brillante, “O talento de Mr. Ripley”, gañadora
en 1957 do Grand Prix de Littérature Policière, é unha
das obras mestras do suspense que transcendeu
os códigos do xénero e que supuxo o nacemento
do sociópata máis fascinante da literatura universal.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 360 |
  • Dimensións: 135x205 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: Alonso Seisdedos, María |
  • ISBN: 978-84-19213-16-7 |